martes, 20 de maio de 2014
venres, 16 de maio de 2014
DESCUBRIMENTOS ARQUEOLÓXICOS MÁIS IMPORTANTES.
DESCUBRIMENTOS ARQUEOLÓXICOS MÁIS
IMPORTANTES
Tumba de Tutankamón
Tutankamón fillo de Akenatón foi o último faraón de sangre real da
dinastía; reinou de 1336 a 1327 a.C (nove anos). A súa tumba foi encontrada no
Val dos Reis o 4 de novembro de 1922 polo británico Howard Carter. Constituíu
un dos descubrimentos arqueolóxicos más sensacionais da historia da
exiptoloxía, debido á gran riqueza arqueolóxica encontrada.
Ata o momento é a única tumba real
encontrada cun enxoval funerario tan variado e numeroso con moitos bens
conservados e practicamente intactos. Este material encóntrase
na actualidade no Museo do Cairo en
Exipto.
Partes da tumba:
A- Escaleira
B- Corredoiro
C- Antecámara
D- Anexo
E- Cámara funeraria
F- Cámara do tesouro
Plano da tumba.
Máscara funeraria de Tutankamón.
Código de Hammurabi
Foi creado no ano 1760 a. C. polo rei de Babilonia Hammurabi; é un dos
conxuntos de leis más antigos e un dos exemplares mellor conservados deste tipo
de documentos creados na antiga Mesopotamia. A súa finalidade era homoxeneizar
xuridicamente o reino de Hammurabi, dando a todas as partes do reino unha
lexislación común, xa que así se podía controlar o conxunto con maior
facilidade. Ademais o rei ordenou que se puxesen copias do Código nas prazas de
cada unha das cidades para que o pobo coñecese as leis e os seus castigos.
O
descubrimento foi realizado en Susa, Persia por arqueólogos franceses en 1902. É unha estela de diorita que consta na parte
superior dunha imaxe de Hammurabi recibindo o rei do Sol, Ashmash, seguida dun
prólogo, 282 leis (faltan os números 66-99 e 110-111) e un epílogo, onde se regula a vida social e
económica en todos os seus aspectos, establecendo un implacable sistema penal,
todo isto escrito en lingua acadia. A súas dimensións son de 2.5 metros de
altura e están escritas máis de 3600 liñas. Actualmente o Código de Hammurabi encóntrase
no museo do Louvre en París.
Parte superior do Código.
O Código no museo do Louvre.
Os guerreiros de Terracota
Son un conxunto de máis de 8000 figuras de guerreiros e cabalos de terracota
a tamaño real, que foron enterrados cerca do primeiro emperador de China da
Dinastía Qin, e entre as súas xestas encóntrase unificar China cunha implacable
forza. Foron
descubertos por uns campesiños durante unhas obras para o abastecemento de auga
en 1974 cerca de Xi'an; é un dos descubrimentos máis importantes do século XX.
Enterraron estas figuras xa que se cría que o Emperador seguiría tendo
tropas baixo o seu mando. Consta de tres fosas: a primeira contén máis de 7.500
guerreiros e algúns deles non están
desenterrados; a segunda ten 69 figuras e é coñecida como “A fosa dos
xenerais”, crese que representa o estado maior do exercito; e a terceira contén
1000 guerreiros, moitos deles sen restaurar. Todos os guerreiros superan o
metro oitenta e teñen unha compostura forte
Andrea García Vázquez – 3º B
INFORMACIÓN SOBRE ALGUNHAS ÓPERAS
INFORMACIÓN
SOBRE ALGUNHAS ÓPERAS
RIGOLETTO
Xénero: Ópera
en tres actos.
Estilo:
Romanticismo musical italiano.
Compositor:
Giuseppe Verdi.
Ano:
1851
Estrea:
Teatro La Fenice de Venecia, o 11 de marzo de 1851.
Lugar no que se desenvolve a
obra:
Corte de Mantua e arredores, Italia.
Época na que se desenvolve a
obra:
Século XVI
Argumento da obra: Un
duque que goberna Mantua adícase entre outros mesteres a seducir e abusar de
cantas mulleres lle prace, aínda que para iso teña que matar a pais ou maridos.
Rigoletto será o bufón, á vez que cómplice e partícipe en todas estas
historias, ao ser un tipo parecido ao duque. Non obstante, o bufón ten unha
vida paralela onde é un amante pai dunha filla secreta. Os seus delitos
conducirano (sen decatarse) ao rapto da súa propia filla e á complicidade da
súa posterior morte. Co que dalgunha forma se cumpre, ou polo menos o bufón
créeo así, a maldición que o conde de Monterone lle realizou ao burlarse e
partidipar da súa desdita.
TOSCA
Xénero: Ópera
en tres actos.
Estilo: Postromanticismo
musical.
Compositor: Giacomo
Puccini, con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica.
Estrea:
Teatro Costanzi de Roma o 14 de xaneiro de 1900.
Lugar no que se desenvolve a
obra:
o primeiro acto na igrexa romana de Sant’Andrea della Valle, o segundo acto no
Palazzo Farnese e o terceiro no Castel Sant’Angelo.
Época na que se desenvolve a
obra:
1800
Argumento da obra: A
trama xira en tono a Tosca, cantante de ópera e o seu amado, Mario. Ambos os
dous vense inmersos nunha triste historia por tratar de axudar a un
revolucionario que é perseguido pola xustiza. De resultas de todos os
acontecementos derivados da súa acción, ambos personaxes morrerán: Mario,
executado por un pelotón ás ordes do malvado xefe da policía vaticana; Tosca,
precipitándose ao baleiro para non se deixar capturar polos soldados.
Para a súa elaboración Puccini empregouse a fondo, e
dedicouse a escoitar para reproducir fielmente, como soaban as campás das
igrexas romanas e mandou construír un instrumento que reflectise os seus sons.
LA TRAVIATA
Xénero: Ópera
en tres actos, baseada no libro “A dama das camelias” de Alejandro Dumas.
Compositor:
Giuseppe Verdi.
Ano:
1853
Estrea: Estreouse
no Teatro La Fenice de Venecia o 6 de marzo de 1853 e foi un fracaso debido
principalmente á inadecuada primeira intérprete de Violetta. Posteriormente foi
representada por segunda vez, con enorme éxito, de novo en Venecia, esta vez no
teatro San Benedetto o 6 de maio de 1854. A partir de entón foi unha das óperas
máis queridas polo público.
Lugar no que se desenvolve a
obra:
París e os seus arredores.
Época na que se desenvolve a
obra:
Mediados do século XIX.
Argumento da obra: Violetta
Válery, distinguida cortesá parisiense, namórase de Alfredo Germont, co cal vai
vivir a unha casa de campo próxima a París. O pai de Alfredo intenta que o se
fillo volva á vida ordenada, e, convencido de que o amor pode máis que a súa
autoridade, humíllase e vai pregar á amada do seu fillo que remate aquelas
relacións que el pensa que prexudican a Alfredo. Violetta intenta convencer ao
ancián da sinceridade do seu amor, pero, sacrificándoo polo ben do seu amado,
vaise da casa e deixa escrita unha carta frívola e cruel. Alfredo, ferido polo
desengano e picado polos celos, ofende grave e publicamente a Violetta, e entón
o seu pai explícalle o sucedido e a grandeza do amor desta.
Alfredo vai ver a Violetta para pedirlle perdón. Violetta
está moi enferma, e só lle quedan unhas poucas horas de vida. Nestas, ambos os
dous recordan a época boa do seu amor. Violetta entrégalle a Alfredo un
medallón co seu retrato e finalmente Violetta morre nos brazos de Alfredo.
Mónica
Álvarez Rodríguez – 3º C
AS ONG
AS ONG E O SEU PAPEL NOS PAÍSES SUBDESENVOLVIDOS
ONG é a sigla de Organización Non
Gobernamental. Trátase de entidades de carácter privado, iniciativa social e
fins humanitarios, que son independentes da administración pública e non teñen
afán lucrativo. O seu campo de acción pode ser local, nacional
ou internacional. Algunhas delas son:
Médicos sen fronteiras
É unha ONG con sede na cidade de Ginebra,
Suíza, que se financia en boa parte mediante doazóns privadas e que ten como
principais operacións o establecemento de servizos de asistencia sanitaria en
países pobres e a subministración de coidados médicos de emerxencia . Na
actualidade, MSF é unha das ONG máis grandes e influentes, que conta con máis
de dous millóns de socios e con proxectos en máis de oitenta países, ademais de
numerosos premios recibidos, como o Premio Nobel da Paz de 1999.
Médicos
Sen Fronteiras España, no ano 2008, actuou en 23 países ou territorios, nos que
levou a cabo diversos proxectos como a atención a pacientes de SIDA, tuberculose,
kala azar, chagas, enfermidade do sono, desnutrición infantil, meninxite e
malaria; a vítimas da violencia e o desprazamento, ou a asistencia a poboacións
excluídas dos sistemas sanitarios, como inmigrantes sen papeis ou nenos da rúa.
|
||||||||
UNICEF
UNICEF é a sigla de United Nations
International Children’s Emergency Fund (Fondo Internacional de Emerxencia das
Nacións Unidas para a Infancia). É unha organización que se dedica a cubrir as
necesidades dos nenos, a través de programas para prover comida, educación e
atención sanitaria en calquera lugar do planeta. Loita ademais polo cumprimento
da Declaración dos Dereitos do Neno que asegura que ao neno se lle
deben outorga-los “medios necesarios” para o seu “normal desenvolvemento
material e espiritual”.
Na actualidade, esta organización mundial,
enfoca o seu traballo en distintos aspectos como:
- Supervivencia Infantil e Materna. O fin
principal que UNICEF quere lograr é
reducir a mortalidade infantil, que ten na actualidade taxas alarmantes. Para
conseguilo traballa mellorando as
condicións de saúde, nutrición ou saneamento.
-
|
-
VIH, Sida e Infancia. Máis
de tres millóns de nenos en todo o mundo sofren esta enfermidade. UNICEF traballa pola prevención da
transmisión da pandemia entre nais e fillos e a atención ou a protección dos
menores que estean afectados.
-
Protección contra o abuso e a explotación.
Neste sector, o obxectivo fundamental que esta organización pretende lograr
coas súas accións son o evitar que calquera neno sexa vítima do abuso sexual, a
explotación laboral, o matrimonio infantil ou a militarización.
MANS UNIDAS
Mans unidas é unha Organización Non
Gobernamental para o Desenvolvemento (ONGD) católica de voluntarios que se
creou en 1960 como unha campaña puntual contra a fame; a partir de 1978 pasou a
considerarse xa como ONGD e recibiu o seu nome actual.
O seu obxectivo xeral é:
-
Sensibilizar e informar a opinión pública
sobre a realidade do Terceiro Mundo para impulsar cambios nas estruturas e na
actitude que promovan a xustiza. Neste aspecto, ten moita relevancia potenciar
a Educación para o Desenvolvemento.
- Financiar proxectos de desenvolvemento en
Asia, África, América Latina e Oceanía. Estes proxectos están elaborados polo
grupo do Terceiro Mundo que solicita a colaboración de MANOS UNIDAS e teñen
como obxectivo mellorar as condicións de vida das persoas e posibilitar
procesos de autosuficiencia comunitaria. Os fondos son enviados directamente, o
que diminúe os gastos e incrementa a eficiencia.
Irea García Fernández 3º B
CORAZÓNS DA INDIA
É unha ONG sen ánimo de lucro, apolítica, aconfesional e
totalmente independente. Foi fundada por
Lola Feliu, Peter Hansen e Óscar Portillo, rexistrada en Cataluña e con sede en
Barcelona.
Colabora con proxectos locais na India na mellora da calidade de
vida e benestar da poboación máis desfavorecida. Atende ás áreas de saude,
alimentación, educación e infraestruturas.
Promove dende España e India accións de recadación de fondos cuxo
destino son proxectos de cooperación con entidades locais na India, axudando a
xente máis necesitada, especialmente nenos.
Corazóns de India recolle doazóns do mundo occidental para axudar
os máis necesitados en distintas partes da India.
O seu traballo é voluntario, polo que o diñeiro íntegro das doazóns
reverte directa, e completamente, nos proxectos que apoian.
LOGROS
DESTACADOS
·
En Kalakar Colony, barrio de
chabolas de artistas de rúa:
1. 1998: programa de erradicación da
tuberculose (beneficiáronse case un millar de persoas).
2. 1998: programa de alfabetización
da muller adulta (máis dun millar de mulleres beneficiadas).
3. 2000: inicio de actividades
informáticas na escola.
4. 2001: almorzo escolar.
5. 2002: contribución para a
construción dun auditorio multifuncional na escola.
6. 2003: contribución para a
reparación da cuberta da escola, pintura da fachada e valado e cerramento das
súas intalacións.
7. 2004: construción dun pequeno xardín
na escola de Kalakar – “O Xardín do Mariano.”
8. 2006: potenciación da escola e as
súas artes.
9. 2007: organización de voluntarios
españois para impartir distintas ensinanzas na escola de Kalakar, nas áreas de
informática, inglés e artes.
·
En Antyodaya, o fogar de acollida
para os máis pobres e necesitados:
1. 2006: roupa para os internos do
fogar de acollida de Antyodaya.
2. 2007: colaboración nos gastos xerais
do fogar de acollida.
3. 2008: ambulancia equipada para
atender mendigos enfermos nas rúas de Delhi.
4. 2009: inician a construción dun
pequeño edificio de cinco plantas diante da estación de trens de Old Delhi,
como centro complementario asistencial.
5. 2012: compra de mobiliario para
equipar o edificio de cinco pisos de Amritanad Niketan.
AS
*CRUZ VERMELLA*
·
Movemento Internacional da Cruz Vermella e da
Media Lúa Vermella
O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da
Media Lúa Vermella é unha institución humanitaria, internacional e
de carácter voluntario. Fundouna Henri Dunant en Suíza no
ano 1863 ,
e dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados.
Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e o medio ambiente. A Cruz
Vermella fomenta a cooperación dos países máis ricos cos máis desfavorecidos.
O
movemento componse de varias organizacións distintas que son xuridicamente
independentes entre si, pero están unidas no movemento a través duns principios
básicos comúns, os obxectivos, os símbolos, os estatutos e os órganos de
goberno.
O hospital da
Cruz Vermella
en maio de 2010.
Está
formado por:
·
As 187 Sociedades nacionais da Cruz Vermella e da Media
Lúa Vermella..
Principios fundamentais
·
Humanidade: a Cruz Vermella tenta previr e aliviar
o sufrimento humano, traballa pola vida, a saúde e a dignidade humana. Favorece
a comprensión, a cooperación e a paz duradeira entre tódolos pobos da Terra.
·
Imparcialidade: non discrimina a ninguén pola súa
nacionalidade, raza, relixión, ideoloxía ou condición social.
·
Neutralidade: actúa sen tomar parte nas controversias
de tipo político, racial, relixioso ou ideolóxico.
·
Independencia: colabora cos poderes públicos que
promoven accións humanitarias, pero mantén unha autonomía baseada nos seus
principios.
·
Carácter Voluntario: a Cruz Vermella é unha
institución de socorro, voluntaria e desinteresada.
·
Unidade: en cada pais só existe unha sociedade da Cruz
Vermella ou da Media Lúa Vermella, accesible para tódalas persoas en todo o
territorio.
· Universalidade: tódalas sociedades da Cruz Vermella e
da Media Lúa Vermella comparten os mesmos valores e dereitos, son solidarias
entre elas e con tódolos pobos.
Greenpeace
Greenpeace (do inglés green:
verde, e peace: paz) é unha organización ecoloxista fundada
en Canadá en 1971,
de ámbito internacional, independente económica e politicamente, que non acepta
doazóns nin presións de gobernos, partidos políticos ou empresas, e que se
autofinancia polas achegas dos socios e doadores (95% dos seus fondos), así
como a través da venda de produtos co nome de Greenpeace.
Historia
Segundo
cifras de Greenpeace, o número dos seus socios en todo o mundo en 2005 era
de tres millóns. No mesmo ano, en España eran
85.000.
O obxectivo da
organización é protexer e defender o medio ambiente,
intervindo en diferentes puntos do planeta onde se cometen atentados contra
a natureza.
Greenpeace leva a cabo campañas para deter o cambio climático, protexer a biodiversidade,
en contra dos transxénicos,
contra a contaminación,
para acabar co uso da enerxía nuclear e
das armas e fomentar
a paz.
Cunha
oficina principal en Amsterdan,
traballa en estreita colaboración coas 38 seccións nacionais, ademais de cos
diferentes barcos que posúe, o máis coñecido deles quizais o Rainbow Warrior. A
toma de decisións faise tendo en conta a maioría de sectores que conforman a
súa estrutura interna, intentado que ninguén poida tomar decisións unilaterais
non acordes coa maioría dos membros representativos.
Acción de
Greenpeace contra a multinacional petroleira Esso, dona nesa altura do Exxon Valdez,
naufragado nas costas de Alaska.
Salvando as baleas
Quizais as accións e
imaxes máis coñecidas e recoñecidas de Greenpeace dende a súa fundación foron
aquelas nas que se vían os activistas de Greenpeace interpoñer as súas lanchas,
e as súas vidas, entre os arpóns dos barcos baleeiros e
os cetáceos que
estes querían capturar. Quizais por iso sexa un paradoxo que tras 14 anos
de moratoria na caza de
baleas, en setembro de 2003 o
Rainbow Warrior se atopase de novo en augas de Islandia para
impedir e denunciar a pretensión por parte do goberno deste país de continuar
coa industria baleeira.
A
finais do 2005 dous barcos da flota de Greenpeace, o MV Artic Sunrise e o MV
Esperanza, comezaron a sucar os océanos da Terra durante
un ano, denunciando os perigos que os axexan. A súa primeira acción foi
interceptar a flota baleeira xaponesa e esixirlles que abandonasen inmediatamente
o Santuario Baleeiro da Antártida.
Ana
Paredes Torres 3º B
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)