AS ONG E O SEU PAPEL NOS PAÍSES SUBDESENVOLVIDOS
ONG é a sigla de Organización Non
Gobernamental. Trátase de entidades de carácter privado, iniciativa social e
fins humanitarios, que son independentes da administración pública e non teñen
afán lucrativo. O seu campo de acción pode ser local, nacional
ou internacional. Algunhas delas son:
Médicos sen fronteiras
É unha ONG con sede na cidade de Ginebra,
Suíza, que se financia en boa parte mediante doazóns privadas e que ten como
principais operacións o establecemento de servizos de asistencia sanitaria en
países pobres e a subministración de coidados médicos de emerxencia . Na
actualidade, MSF é unha das ONG máis grandes e influentes, que conta con máis
de dous millóns de socios e con proxectos en máis de oitenta países, ademais de
numerosos premios recibidos, como o Premio Nobel da Paz de 1999.
Médicos
Sen Fronteiras España, no ano 2008, actuou en 23 países ou territorios, nos que
levou a cabo diversos proxectos como a atención a pacientes de SIDA, tuberculose,
kala azar, chagas, enfermidade do sono, desnutrición infantil, meninxite e
malaria; a vítimas da violencia e o desprazamento, ou a asistencia a poboacións
excluídas dos sistemas sanitarios, como inmigrantes sen papeis ou nenos da rúa.
|
||||||||
UNICEF
UNICEF é a sigla de United Nations
International Children’s Emergency Fund (Fondo Internacional de Emerxencia das
Nacións Unidas para a Infancia). É unha organización que se dedica a cubrir as
necesidades dos nenos, a través de programas para prover comida, educación e
atención sanitaria en calquera lugar do planeta. Loita ademais polo cumprimento
da Declaración dos Dereitos do Neno que asegura que ao neno se lle
deben outorga-los “medios necesarios” para o seu “normal desenvolvemento
material e espiritual”.
Na actualidade, esta organización mundial,
enfoca o seu traballo en distintos aspectos como:
- Supervivencia Infantil e Materna. O fin
principal que UNICEF quere lograr é
reducir a mortalidade infantil, que ten na actualidade taxas alarmantes. Para
conseguilo traballa mellorando as
condicións de saúde, nutrición ou saneamento.
-
|
-
VIH, Sida e Infancia. Máis
de tres millóns de nenos en todo o mundo sofren esta enfermidade. UNICEF traballa pola prevención da
transmisión da pandemia entre nais e fillos e a atención ou a protección dos
menores que estean afectados.
-
Protección contra o abuso e a explotación.
Neste sector, o obxectivo fundamental que esta organización pretende lograr
coas súas accións son o evitar que calquera neno sexa vítima do abuso sexual, a
explotación laboral, o matrimonio infantil ou a militarización.
MANS UNIDAS
Mans unidas é unha Organización Non
Gobernamental para o Desenvolvemento (ONGD) católica de voluntarios que se
creou en 1960 como unha campaña puntual contra a fame; a partir de 1978 pasou a
considerarse xa como ONGD e recibiu o seu nome actual.
O seu obxectivo xeral é:
-
Sensibilizar e informar a opinión pública
sobre a realidade do Terceiro Mundo para impulsar cambios nas estruturas e na
actitude que promovan a xustiza. Neste aspecto, ten moita relevancia potenciar
a Educación para o Desenvolvemento.
- Financiar proxectos de desenvolvemento en
Asia, África, América Latina e Oceanía. Estes proxectos están elaborados polo
grupo do Terceiro Mundo que solicita a colaboración de MANOS UNIDAS e teñen
como obxectivo mellorar as condicións de vida das persoas e posibilitar
procesos de autosuficiencia comunitaria. Os fondos son enviados directamente, o
que diminúe os gastos e incrementa a eficiencia.
Irea García Fernández 3º B
CORAZÓNS DA INDIA
É unha ONG sen ánimo de lucro, apolítica, aconfesional e
totalmente independente. Foi fundada por
Lola Feliu, Peter Hansen e Óscar Portillo, rexistrada en Cataluña e con sede en
Barcelona.
Colabora con proxectos locais na India na mellora da calidade de
vida e benestar da poboación máis desfavorecida. Atende ás áreas de saude,
alimentación, educación e infraestruturas.
Promove dende España e India accións de recadación de fondos cuxo
destino son proxectos de cooperación con entidades locais na India, axudando a
xente máis necesitada, especialmente nenos.
Corazóns de India recolle doazóns do mundo occidental para axudar
os máis necesitados en distintas partes da India.
O seu traballo é voluntario, polo que o diñeiro íntegro das doazóns
reverte directa, e completamente, nos proxectos que apoian.
LOGROS
DESTACADOS
·
En Kalakar Colony, barrio de
chabolas de artistas de rúa:
1. 1998: programa de erradicación da
tuberculose (beneficiáronse case un millar de persoas).
2. 1998: programa de alfabetización
da muller adulta (máis dun millar de mulleres beneficiadas).
3. 2000: inicio de actividades
informáticas na escola.
4. 2001: almorzo escolar.
5. 2002: contribución para a
construción dun auditorio multifuncional na escola.
6. 2003: contribución para a
reparación da cuberta da escola, pintura da fachada e valado e cerramento das
súas intalacións.
7. 2004: construción dun pequeno xardín
na escola de Kalakar – “O Xardín do Mariano.”
8. 2006: potenciación da escola e as
súas artes.
9. 2007: organización de voluntarios
españois para impartir distintas ensinanzas na escola de Kalakar, nas áreas de
informática, inglés e artes.
·
En Antyodaya, o fogar de acollida
para os máis pobres e necesitados:
1. 2006: roupa para os internos do
fogar de acollida de Antyodaya.
2. 2007: colaboración nos gastos xerais
do fogar de acollida.
3. 2008: ambulancia equipada para
atender mendigos enfermos nas rúas de Delhi.
4. 2009: inician a construción dun
pequeño edificio de cinco plantas diante da estación de trens de Old Delhi,
como centro complementario asistencial.
5. 2012: compra de mobiliario para
equipar o edificio de cinco pisos de Amritanad Niketan.
AS
*CRUZ VERMELLA*
·
Movemento Internacional da Cruz Vermella e da
Media Lúa Vermella
O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da
Media Lúa Vermella é unha institución humanitaria, internacional e
de carácter voluntario. Fundouna Henri Dunant en Suíza no
ano 1863 ,
e dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados.
Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e o medio ambiente. A Cruz
Vermella fomenta a cooperación dos países máis ricos cos máis desfavorecidos.
O
movemento componse de varias organizacións distintas que son xuridicamente
independentes entre si, pero están unidas no movemento a través duns principios
básicos comúns, os obxectivos, os símbolos, os estatutos e os órganos de
goberno.
O hospital da
Cruz Vermella
en maio de 2010.
Está
formado por:
·
As 187 Sociedades nacionais da Cruz Vermella e da Media
Lúa Vermella..
Principios fundamentais
·
Humanidade: a Cruz Vermella tenta previr e aliviar
o sufrimento humano, traballa pola vida, a saúde e a dignidade humana. Favorece
a comprensión, a cooperación e a paz duradeira entre tódolos pobos da Terra.
·
Imparcialidade: non discrimina a ninguén pola súa
nacionalidade, raza, relixión, ideoloxía ou condición social.
·
Neutralidade: actúa sen tomar parte nas controversias
de tipo político, racial, relixioso ou ideolóxico.
·
Independencia: colabora cos poderes públicos que
promoven accións humanitarias, pero mantén unha autonomía baseada nos seus
principios.
·
Carácter Voluntario: a Cruz Vermella é unha
institución de socorro, voluntaria e desinteresada.
·
Unidade: en cada pais só existe unha sociedade da Cruz
Vermella ou da Media Lúa Vermella, accesible para tódalas persoas en todo o
territorio.
· Universalidade: tódalas sociedades da Cruz Vermella e
da Media Lúa Vermella comparten os mesmos valores e dereitos, son solidarias
entre elas e con tódolos pobos.
Greenpeace
Greenpeace (do inglés green:
verde, e peace: paz) é unha organización ecoloxista fundada
en Canadá en 1971,
de ámbito internacional, independente económica e politicamente, que non acepta
doazóns nin presións de gobernos, partidos políticos ou empresas, e que se
autofinancia polas achegas dos socios e doadores (95% dos seus fondos), así
como a través da venda de produtos co nome de Greenpeace.
Historia
Segundo
cifras de Greenpeace, o número dos seus socios en todo o mundo en 2005 era
de tres millóns. No mesmo ano, en España eran
85.000.
O obxectivo da
organización é protexer e defender o medio ambiente,
intervindo en diferentes puntos do planeta onde se cometen atentados contra
a natureza.
Greenpeace leva a cabo campañas para deter o cambio climático, protexer a biodiversidade,
en contra dos transxénicos,
contra a contaminación,
para acabar co uso da enerxía nuclear e
das armas e fomentar
a paz.
Cunha
oficina principal en Amsterdan,
traballa en estreita colaboración coas 38 seccións nacionais, ademais de cos
diferentes barcos que posúe, o máis coñecido deles quizais o Rainbow Warrior. A
toma de decisións faise tendo en conta a maioría de sectores que conforman a
súa estrutura interna, intentado que ninguén poida tomar decisións unilaterais
non acordes coa maioría dos membros representativos.
Acción de
Greenpeace contra a multinacional petroleira Esso, dona nesa altura do Exxon Valdez,
naufragado nas costas de Alaska.
Salvando as baleas
Quizais as accións e
imaxes máis coñecidas e recoñecidas de Greenpeace dende a súa fundación foron
aquelas nas que se vían os activistas de Greenpeace interpoñer as súas lanchas,
e as súas vidas, entre os arpóns dos barcos baleeiros e
os cetáceos que
estes querían capturar. Quizais por iso sexa un paradoxo que tras 14 anos
de moratoria na caza de
baleas, en setembro de 2003 o
Rainbow Warrior se atopase de novo en augas de Islandia para
impedir e denunciar a pretensión por parte do goberno deste país de continuar
coa industria baleeira.
A
finais do 2005 dous barcos da flota de Greenpeace, o MV Artic Sunrise e o MV
Esperanza, comezaron a sucar os océanos da Terra durante
un ano, denunciando os perigos que os axexan. A súa primeira acción foi
interceptar a flota baleeira xaponesa e esixirlles que abandonasen inmediatamente
o Santuario Baleeiro da Antártida.
Ana
Paredes Torres 3º B
Ningún comentario:
Publicar un comentario