INFORMACIÓN
SOBRE ALGUNHAS ÓPERAS
RIGOLETTO
Xénero: Ópera
en tres actos.
Estilo:
Romanticismo musical italiano.
Compositor:
Giuseppe Verdi.
Ano:
1851
Estrea:
Teatro La Fenice de Venecia, o 11 de marzo de 1851.
Lugar no que se desenvolve a
obra:
Corte de Mantua e arredores, Italia.
Época na que se desenvolve a
obra:
Século XVI
Argumento da obra: Un
duque que goberna Mantua adícase entre outros mesteres a seducir e abusar de
cantas mulleres lle prace, aínda que para iso teña que matar a pais ou maridos.
Rigoletto será o bufón, á vez que cómplice e partícipe en todas estas
historias, ao ser un tipo parecido ao duque. Non obstante, o bufón ten unha
vida paralela onde é un amante pai dunha filla secreta. Os seus delitos
conducirano (sen decatarse) ao rapto da súa propia filla e á complicidade da
súa posterior morte. Co que dalgunha forma se cumpre, ou polo menos o bufón
créeo así, a maldición que o conde de Monterone lle realizou ao burlarse e
partidipar da súa desdita.
TOSCA
Xénero: Ópera
en tres actos.
Estilo: Postromanticismo
musical.
Compositor: Giacomo
Puccini, con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica.
Estrea:
Teatro Costanzi de Roma o 14 de xaneiro de 1900.
Lugar no que se desenvolve a
obra:
o primeiro acto na igrexa romana de Sant’Andrea della Valle, o segundo acto no
Palazzo Farnese e o terceiro no Castel Sant’Angelo.
Época na que se desenvolve a
obra:
1800
Argumento da obra: A
trama xira en tono a Tosca, cantante de ópera e o seu amado, Mario. Ambos os
dous vense inmersos nunha triste historia por tratar de axudar a un
revolucionario que é perseguido pola xustiza. De resultas de todos os
acontecementos derivados da súa acción, ambos personaxes morrerán: Mario,
executado por un pelotón ás ordes do malvado xefe da policía vaticana; Tosca,
precipitándose ao baleiro para non se deixar capturar polos soldados.
Para a súa elaboración Puccini empregouse a fondo, e
dedicouse a escoitar para reproducir fielmente, como soaban as campás das
igrexas romanas e mandou construír un instrumento que reflectise os seus sons.
LA TRAVIATA
Xénero: Ópera
en tres actos, baseada no libro “A dama das camelias” de Alejandro Dumas.
Compositor:
Giuseppe Verdi.
Ano:
1853
Estrea: Estreouse
no Teatro La Fenice de Venecia o 6 de marzo de 1853 e foi un fracaso debido
principalmente á inadecuada primeira intérprete de Violetta. Posteriormente foi
representada por segunda vez, con enorme éxito, de novo en Venecia, esta vez no
teatro San Benedetto o 6 de maio de 1854. A partir de entón foi unha das óperas
máis queridas polo público.
Lugar no que se desenvolve a
obra:
París e os seus arredores.
Época na que se desenvolve a
obra:
Mediados do século XIX.
Argumento da obra: Violetta
Válery, distinguida cortesá parisiense, namórase de Alfredo Germont, co cal vai
vivir a unha casa de campo próxima a París. O pai de Alfredo intenta que o se
fillo volva á vida ordenada, e, convencido de que o amor pode máis que a súa
autoridade, humíllase e vai pregar á amada do seu fillo que remate aquelas
relacións que el pensa que prexudican a Alfredo. Violetta intenta convencer ao
ancián da sinceridade do seu amor, pero, sacrificándoo polo ben do seu amado,
vaise da casa e deixa escrita unha carta frívola e cruel. Alfredo, ferido polo
desengano e picado polos celos, ofende grave e publicamente a Violetta, e entón
o seu pai explícalle o sucedido e a grandeza do amor desta.
Alfredo vai ver a Violetta para pedirlle perdón. Violetta
está moi enferma, e só lle quedan unhas poucas horas de vida. Nestas, ambos os
dous recordan a época boa do seu amor. Violetta entrégalle a Alfredo un
medallón co seu retrato e finalmente Violetta morre nos brazos de Alfredo.
Mónica
Álvarez Rodríguez – 3º C
Ningún comentario:
Publicar un comentario