venres, 16 de maio de 2014

A elección de carreira universitaria.



COMPOSICIÓN PERSOAL – A elección de carreira universitaria
A decisión de que carreira universitaria se debe estudar é fundamental para o futuro profesional, talvez unha das decisións máis importantes na vida e que se fai nuha idade temperá.
Algúns teñeno claro porque senten unha vocación determinada, pero moitos enfréntanse a este momento con moitas dúbidas sobre se a carreira elixida será a adecuada.
A elección non pode facerse á lixeira nin basearse só nas saídas profesionais porque o mercado laboral vai cambiando. Ademais temos que ter en conta os nosos coñecementos, habilidades etc. Para podernos axudar están os tets de orientación, as guías de orientación e información académica. É moi importante o apoio dos orientadores.
Á hora de elexir un rapaz pode recibir moitas influencias a través dos medios de comunicación, as modas, a familia, os compañeiros…
O feito de elexir ben é moi importante para evitar as altas taxas de abandono nas carreiras que existen na actualidade.
Aínda así, para finalizar, eu penso que sobre todo hai que elixir o que a un lle gusta de verdade e polo que se sinta en realidade atraído, tendo en conta as saídas profesionais e tamén as posibilidades económicas da familia; pois non sempre se pode facer estudos fóra de casa e por iso hai que esforzarse o máis posible para poder solicitar bolsas que nos axuden a alcanzar os nosos obxectivos o incluso axudar con algún traballo.
Pero, sobre todo é verdadeiramente importante facer aquelo que poida facernos felices; pois será unha gran decisión para o noso futuro que nos fará valorar os pros e os contras e tomar a decisión máis acertada. Mellor estar cheos de convicción, pois non sempre pode coincidir co que queren os demais para nós, como no caso deste libro.

Paula Seoane Rodeiro – 3º C

Ningún comentario:

Publicar un comentario