venres, 16 de maio de 2014

INFORMACIÓN SOBRE ALGUNHAS ÓPERAS



INFORMACIÓN SOBRE ALGUNHAS ÓPERAS

RIGOLETTO
Xénero: Ópera en tres actos.
Estilo: Romanticismo musical italiano.
Compositor: Giuseppe Verdi.
Ano: 1851
Estrea: Teatro La Fenice de Venecia, o 11 de marzo de 1851.
Lugar no que se desenvolve a obra: Corte de Mantua e arredores, Italia.
Época na que se desenvolve a obra: Século XVI
Argumento da obra: Un duque que goberna Mantua adícase entre outros mesteres a seducir e abusar de cantas mulleres lle prace, aínda que para iso teña que matar a pais ou maridos. Rigoletto será o bufón, á vez que cómplice e partícipe en todas estas historias, ao ser un tipo parecido ao duque. Non obstante, o bufón ten unha vida paralela onde é un amante pai dunha filla secreta. Os seus delitos conducirano (sen decatarse) ao rapto da súa propia filla e á complicidade da súa posterior morte. Co que dalgunha forma se cumpre, ou polo menos o bufón créeo así, a maldición que o conde de Monterone lle realizou ao burlarse e partidipar da súa desdita.










TOSCA
Xénero: Ópera en tres actos.
Estilo: Postromanticismo musical.
Compositor: Giacomo Puccini, con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica.
Estrea: Teatro Costanzi de Roma o 14 de xaneiro de 1900.
Lugar no que se desenvolve a obra: o primeiro acto na igrexa romana de Sant’Andrea della Valle, o segundo acto no Palazzo Farnese e o terceiro no Castel Sant’Angelo.
Época na que se desenvolve a obra: 1800

Argumento da obra: A trama xira en tono a Tosca, cantante de ópera e o seu amado, Mario. Ambos os dous vense inmersos nunha triste historia por tratar de axudar a un revolucionario que é perseguido pola xustiza. De resultas de todos os acontecementos derivados da súa acción, ambos personaxes morrerán: Mario, executado por un pelotón ás ordes do malvado xefe da policía vaticana; Tosca, precipitándose ao baleiro para non se deixar capturar polos soldados.
            Para a súa elaboración Puccini empregouse a fondo, e dedicouse a escoitar para reproducir fielmente, como soaban as campás das igrexas romanas e mandou construír un instrumento que reflectise  os seus sons.



LA TRAVIATA

Xénero: Ópera en tres actos, baseada no libro “A dama das camelias” de Alejandro Dumas.
Compositor: Giuseppe Verdi.
Ano: 1853
Estrea: Estreouse no Teatro La Fenice de Venecia o 6 de marzo de 1853 e foi un fracaso debido principalmente á inadecuada primeira intérprete de Violetta. Posteriormente foi representada por segunda vez, con enorme éxito, de novo en Venecia, esta vez no teatro San Benedetto o 6 de maio de 1854. A partir de entón foi unha das óperas máis queridas polo público.
Lugar no que se desenvolve a obra: París e os seus arredores.
Época na que se desenvolve a obra: Mediados do século XIX.
Argumento da obra: Violetta Válery, distinguida cortesá parisiense, namórase de Alfredo Germont, co cal vai vivir a unha casa de campo próxima a París. O pai de Alfredo intenta que o se fillo volva á vida ordenada, e, convencido de que o amor pode máis que a súa autoridade, humíllase e vai pregar á amada do seu fillo que remate aquelas relacións que el pensa que prexudican a Alfredo. Violetta intenta convencer ao ancián da sinceridade do seu amor, pero, sacrificándoo polo ben do seu amado, vaise da casa e deixa escrita unha carta frívola e cruel. Alfredo, ferido polo desengano e picado polos celos, ofende grave e publicamente a Violetta, e entón o seu pai explícalle o sucedido e a grandeza do amor desta.
            Alfredo vai ver a Violetta para pedirlle perdón. Violetta está moi enferma, e só lle quedan unhas poucas horas de vida. Nestas, ambos os dous recordan a época boa do seu amor. Violetta entrégalle a Alfredo un medallón co seu retrato e finalmente Violetta morre nos brazos de Alfredo.
Mónica Álvarez Rodríguez – 3º C

Ningún comentario:

Publicar un comentario