venres, 16 de maio de 2014

DESCUBRIMENTOS ARQUEOLÓXICOS MÁIS IMPORTANTES.



DESCUBRIMENTOS ARQUEOLÓXICOS MÁIS IMPORTANTES

Tumba de Tutankamón
Tutankamón fillo de Akenatón foi o último faraón de sangre real da dinastía; reinou de 1336 a 1327 a.C (nove anos). A súa tumba foi encontrada no Val dos Reis o 4 de novembro de 1922 polo británico Howard Carter. Constituíu un dos descubrimentos arqueolóxicos más sensacionais da historia da exiptoloxía, debido á gran riqueza arqueolóxica encontrada. Ata o momento é a única tumba real encontrada cun enxoval funerario tan variado e numeroso con moitos bens conservados e practicamente intactos. Este material encóntrase na actualidade no  Museo do Cairo en Exipto.
 Partes da tumba:
A- Escaleira                          
B- Corredoiro
C- Antecámara
D- Anexo
E- Cámara funeraria
F- Cámara do tesouro
     
Plano da tumba.                                           Máscara funeraria de Tutankamón.
Código de Hammurabi
Foi creado no ano 1760 a. C. polo rei de Babilonia Hammurabi; é un dos conxuntos de leis más antigos e un dos exemplares mellor conservados deste tipo de documentos creados na antiga Mesopotamia. A súa finalidade era homoxeneizar xuridicamente o reino de Hammurabi, dando a todas as partes do reino unha lexislación común, xa que así se podía controlar o conxunto con maior facilidade. Ademais o rei ordenou que se puxesen copias do Código nas prazas de cada unha das cidades para que o pobo coñecese as leis e os seus castigos.
 O descubrimento foi realizado en Susa, Persia por arqueólogos franceses en 1902. É unha estela de diorita que consta na parte superior dunha imaxe de Hammurabi recibindo o rei do Sol, Ashmash, seguida dun prólogo, 282 leis (faltan os números 66-99 e 110-111)  e un epílogo, onde se regula a vida social e económica en todos os seus aspectos, establecendo un implacable sistema penal, todo isto escrito en lingua acadia. A súas dimensións son de 2.5 metros de altura e están escritas máis de 3600 liñas. Actualmente o Código de Hammurabi encóntrase no museo do Louvre en París.



   
Parte superior do Código.                    O Código no museo do Louvre. 

Os guerreiros de Terracota
Son un conxunto de máis de 8000 figuras de guerreiros e cabalos de terracota a tamaño real, que foron enterrados cerca do primeiro emperador de China da Dinastía Qin, e entre as súas xestas encóntrase unificar China cunha implacable forza. Foron descubertos por uns campesiños durante unhas obras para o abastecemento de auga en 1974 cerca de Xi'an; é un dos descubrimentos máis importantes do século XX.
Enterraron estas figuras xa que se cría que o Emperador seguiría tendo tropas baixo o seu mando. Consta de tres fosas: a primeira contén máis de 7.500 guerreiros e algúns deles non están  desenterrados; a segunda ten 69 figuras e é coñecida como “A fosa dos xenerais”, crese que representa o estado maior do exercito; e a terceira contén 1000 guerreiros, moitos deles sen restaurar. Todos os guerreiros superan o metro oitenta e teñen unha compostura forte






Andrea García Vázquez – 3º B

Ningún comentario:

Publicar un comentario