venres, 16 de maio de 2014

AS ONG



AS ONG E O SEU PAPEL NOS PAÍSES SUBDESENVOLVIDOS
ONG é a sigla de Organización Non Gobernamental. Trátase de entidades de carácter privado, iniciativa social e fins humanitarios, que son independentes da administración pública e non teñen afán lucrativo. O seu campo de acción pode ser local, nacional ou internacional. Algunhas delas son:
Médicos sen fronteiras
   É unha ONG con sede na cidade de Ginebra, Suíza, que se financia en boa parte mediante doazóns privadas e que ten como principais operacións o establecemento de servizos de asistencia sanitaria en países pobres e a subministración de coidados médicos de emerxencia . Na actualidade, MSF é unha das ONG máis grandes e influentes, que conta con máis de dous millóns de socios e con proxectos en máis de oitenta países, ademais de numerosos premios recibidos, como o Premio Nobel da Paz de 1999.

Médicos Sen Fronteiras España, no ano 2008, actuou en 23 países ou territorios, nos que levou a cabo diversos proxectos como a atención a pacientes de SIDA, tuberculose, kala azar, chagas, enfermidade do sono, desnutrición infantil, meninxite e malaria; a vítimas da violencia e o desprazamento, ou a asistencia a poboacións excluídas dos sistemas sanitarios, como inmigrantes sen papeis ou nenos da rúa.




















 

 












UNICEF

   UNICEF é a sigla de United Nations International Children’s Emergency Fund (Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para a Infancia). É unha organización que se dedica a cubrir as necesidades dos nenos, a través de programas para prover comida, educación e atención sanitaria en calquera lugar do planeta. Loita ademais polo cumprimento da Declaración dos Dereitos do Neno que asegura que ao neno se lle deben outorga-los “medios necesarios” para o seu “normal desenvolvemento material e espiritual”.

   Na actualidade, esta organización mundial, enfoca o seu traballo en distintos aspectos como:

-           Supervivencia Infantil e Materna. O fin principal que UNICEF quere lograr  é reducir a mortalidade infantil, que ten na actualidade taxas alarmantes. Para conseguilo traballa  mellorando as condicións de saúde, nutrición ou saneamento.

-       

 
   A educación e a igualdade, un dereito fundamental polo que loita para que sexan realidade en todo o planeta.

-           VIH, Sida e Infancia. Máis de tres millóns de nenos en todo o mundo sofren esta enfermidade. UNICEF traballa pola prevención da transmisión da pandemia entre nais e fillos e a atención ou a protección dos menores que estean afectados.

-           Protección contra o abuso e a explotación. Neste sector, o obxectivo fundamental que esta organización pretende lograr coas súas accións son o evitar que calquera neno sexa vítima do abuso sexual, a explotación laboral, o matrimonio infantil ou a militarización.



 



                     






MANS UNIDAS

   Mans unidas é unha Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento (ONGD) católica de voluntarios que se creou en 1960 como unha campaña puntual contra a fame; a partir de 1978 pasou a considerarse xa como ONGD e recibiu o seu nome actual.

   O seu obxectivo xeral é:

-           Sensibilizar e informar a opinión pública sobre a realidade do Terceiro Mundo para impulsar cambios nas estruturas e na actitude que promovan a xustiza. Neste aspecto, ten moita relevancia potenciar a Educación para o Desenvolvemento.


-           Financiar proxectos de desenvolvemento en Asia, África, América Latina e Oceanía. Estes proxectos están elaborados polo grupo do Terceiro Mundo que solicita a colaboración de MANOS UNIDAS e teñen como obxectivo mellorar as condicións de vida das persoas e posibilitar procesos de autosuficiencia comunitaria. Os fondos son enviados directamente, o que diminúe os gastos e incrementa a eficiencia.















Irea García Fernández 3º B
         
CORAZÓNS DA INDIA
É unha ONG sen ánimo de lucro, apolítica, aconfesional e totalmente independente. Foi  fundada por Lola Feliu, Peter Hansen e Óscar Portillo, rexistrada en Cataluña e con sede en Barcelona.
Colabora con proxectos locais na India na mellora da calidade de vida e benestar da poboación máis desfavorecida. Atende ás áreas de saude, alimentación, educación e infraestruturas.
Promove dende España e India accións de recadación de fondos cuxo destino son proxectos de cooperación con entidades locais na India, axudando a xente máis necesitada, especialmente nenos.
Corazóns de India recolle doazóns do mundo occidental para axudar os máis necesitados en distintas partes da India.
O seu traballo é voluntario, polo que o diñeiro íntegro das doazóns reverte directa, e completamente, nos proxectos que apoian.







 LOGROS DESTACADOS
·        En Kalakar Colony, barrio de chabolas de artistas de rúa:

1.     1998: programa de erradicación da tuberculose (beneficiáronse case un millar de persoas).
2.     1998: programa de alfabetización da muller adulta (máis dun millar de mulleres beneficiadas).
3.     2000: inicio de actividades informáticas na escola.
4.     2001: almorzo escolar.
5.     2002: contribución para a construción dun auditorio multifuncional na escola.
6.     2003: contribución para a reparación da cuberta da escola, pintura da fachada e valado e cerramento das súas intalacións.
7.     2004: construción dun pequeno xardín na escola de Kalakar – “O Xardín do Mariano.”
8.     2006: potenciación da escola e as súas artes.
9.     2007: organización de voluntarios españois para impartir distintas ensinanzas na escola de Kalakar, nas áreas de informática, inglés e artes.


·        En Antyodaya, o fogar de acollida para os máis pobres e necesitados:

1.    2006: roupa para os internos do fogar de acollida de Antyodaya.
2.    2007: colaboración nos gastos xerais do fogar de acollida.
3.    2008: ambulancia equipada para atender mendigos enfermos nas rúas de Delhi.
4.    2009: inician a construción dun pequeño edificio de cinco plantas diante da estación de trens de Old Delhi, como centro complementario asistencial.
5.    2012: compra de mobiliario para equipar o edificio de cinco pisos de Amritanad Niketan.

AS
                *CRUZ VERMELLA*
·        Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella

Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella é unha institución humanitaria, internacional e de carácter voluntario. Fundouna Henri Dunant en Suíza no ano 1863 , e dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados. Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e o medio ambiente. A Cruz Vermella fomenta a cooperación dos países máis ricos cos máis desfavorecidos.
O movemento componse de varias organizacións distintas que son xuridicamente independentes entre si, pero están unidas no movemento a través duns principios básicos comúns, os obxectivos, os símbolos, os estatutos e os órganos de goberno.


O hospital da
                                 Cruz Vermella
                                 de Vigo pechou
                               en maio de  2010.






Está formado por:
·        As 187 Sociedades nacionais da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella..
O día 8 de maio celébrase o Día Internacional da Cruz e da Media Lúa Vermellas.

Principios fundamentais
·        Humanidade: a Cruz Vermella tenta previr e aliviar o sufrimento humano, traballa pola vida, a saúde e a dignidade humana. Favorece a comprensión, a cooperación e a paz duradeira entre tódolos pobos da Terra.
·        Imparcialidade: non discrimina a ninguén pola súa nacionalidade, raza, relixión, ideoloxía ou condición social.
·        Neutralidade: actúa sen tomar parte nas controversias de tipo político, racial, relixioso ou ideolóxico.
·        Independencia: colabora cos poderes públicos que promoven accións humanitarias, pero mantén unha autonomía baseada nos seus principios.
·        Carácter Voluntario: a Cruz Vermella é unha institución de socorro, voluntaria e desinteresada.
·        Unidade: en cada pais só existe unha sociedade da Cruz Vermella ou da Media Lúa Vermella, accesible para tódalas persoas en todo o territorio.
·        Universalidade: tódalas sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella comparten os mesmos valores e dereitos, son solidarias entre elas e con tódolos pobos.
Greenpeace
Greenpeace (do inglés green: verde, e peace: paz) é unha organización ecoloxista fundada en Canadá en 1971, de ámbito internacional, independente económica e politicamente, que non acepta doazóns nin presións de gobernos, partidos políticos ou empresas, e que se autofinancia polas achegas dos socios e doadores (95% dos seus fondos), así como a través da venda de produtos co nome de Greenpeace.

Historia
Segundo cifras de Greenpeace, o número dos seus socios en todo o mundo en 2005 era de tres millóns. No mesmo ano, en España eran 85.000.
O obxectivo da organización é protexer e defender o medio ambiente, intervindo en diferentes puntos do planeta onde se cometen atentados contra a natureza. Greenpeace leva a cabo campañas para deter o cambio climático, protexer a biodiversidade, en contra dos transxénicos, contra a contaminación, para acabar co uso da enerxía nuclear e das armas e fomentar a paz.
Cunha oficina principal en Amsterdan, traballa en estreita colaboración coas 38 seccións nacionais, ademais de cos diferentes barcos que posúe, o máis coñecido deles quizais o Rainbow Warrior. A toma de decisións faise tendo en conta a maioría de sectores que conforman a súa estrutura interna, intentado que ninguén poida tomar decisións unilaterais non acordes coa maioría dos membros representativos.


Acción de Greenpeace contra a multinacional petroleira Esso, dona nesa altura do Exxon Valdez, naufragado nas costas de Alaska.

Salvando as baleas
Quizais as accións e imaxes máis coñecidas e recoñecidas de Greenpeace dende a súa fundación foron aquelas nas que se vían os activistas de Greenpeace interpoñer as súas lanchas, e as súas vidas, entre os arpóns dos barcos baleeiros e os cetáceos que estes querían capturar. Quizais por iso sexa un paradoxo que tras 14 anos de moratoria na caza de baleas, en setembro de 2003 o Rainbow Warrior se atopase de novo en augas de Islandia para impedir e denunciar a pretensión por parte do goberno deste país de continuar coa industria baleeira.
A finais do 2005 dous barcos da flota de Greenpeace, o MV Artic Sunrise e o MV Esperanza, comezaron a sucar os océanos da Terra durante un ano, denunciando os perigos que os axexan. A súa primeira acción foi interceptar a flota baleeira xaponesa e esixirlles que abandonasen inmediatamente o Santuario Baleeiro da Antártida.





Ana Paredes Torres  3º B

Ningún comentario:

Publicar un comentario